DTQ.es – Dopico, Tizón e Quirós – Avogados

Equipo multidisciplinar con dilatada experiencia

Asesoramiento legal integral de calidade

Dende a súa creación a firma mantivo unha especial proxección cara ao Dereito de empresa, se ben a medida que foi crecendo, ademais de profundar neste eido, estendeu as súas actividades ás restantes áreas legais.

Dopico, Tizón e Quirós, constitúe na actualidade un despacho colectivo de avogados que pretende dar resposta xurídica a calquera das distintas cuestións que afecten aos intereses dos seus clientes.

O equipo humano que integra a Firma, caracterízase por posuír un contrastable grao de especialización.

Entre os seus membros figuran profesionais do foro de acreditada experiencia, letrados asesores de diferentes compañías mercantís e profesores de Escolas de Negocios. en excedencia de institucións coma a Comisión Nacional de Mercado de Valores, así como catedráticos de universidade. Deste xeito, pode afirmarse que a Firma está en disposición de ofrecer un asesoramento legal integral de calidade.

En qué podemos axudarlle?
Contacte con nós


Contactar