O noso equipo – Dopico, Tizón y Quirós – Avogados

O noso equipo

O equipo que integra a empresa, caracterízase por un grao testábel de especialización. 24 anos de experiencia ao seu servizo.

1ÁLVARO OTERO SCHMITT
aotero@dopicoabogados.com / Tel. +34981934640

Experimentado letrado en todas as fases do procedemento penal, actuando como defensor ou como acusador particular. Letrado-asesor de “compliance” de destacadas compañías, ás que aconsellou na redacción, seguimiento e actualización dos seus programas de cumprimento. É, ao tempo, un profundo coñecedor do Dereito Civil, en particular do dereito de obrigacións e contratos e do dereito sucesorio, materias que tratou en numerosos dictames e asuntos. Ponente en destacadas Universidades e Escolas de Negocios.

- Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela
- Membro do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago.
2ARIADNA RIVADAS CARREIRA
arivadas@dopicoabogados.com / Tel. +34981934640

Letrada responsable do control e seguimiento dos procedementos hipotecarios, cambiarios, execucións de títulos xudiciais e non xudiciais, que tramita o Despacho. É unha experta en todo o relativo á problemática de clausulas solo, cláusulas de vencemento anticipado, comercialización de produtos financeiros complexos e, en relación con todo iso, asesora e representa aos clientes do Despacho. A súa actividade refírese tamén ao seguimento e defensa dos expedientes de competencia, instruídos tanto pola CNMC como polos órganos autonómicos da Competencia.

- Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
- Especialización en Avogacía, Procuradoría e Práctica Xurídica pola Escola de Práctica Xurídica de Santiago de Compostela.
- Membro do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.
3BERNARDO DOPICO GIL
bernardo@dopicoabogados.com / Tel. +34 649193886

Recoñecido letrado na defensa dos intereses de empresas de moi diversos sectores fronte ás Administracións Públicas. Experto en Dereito Administrativo sancionador, en Dominio Público e no recoñecemento de prestacións, subvencións e compensacións a cargo das Administracións Públicas, incluídas as relativas a expedientes urbanísticos e de expropiación forzosa. Na súa extensa carreira profesional levou asuntos de especial complexidade e relevancia, centrándose actualmente nas relacións cos órganos centrais da Administración Xeral do Estado e nos procedementos xudiciais que se seguen ante as máis altas instancias da Xudicatura en Madrid (Audiencia Nacional, Tribunal Supremo e Tribunal Constitucional), así como a relación con outros despachos profesionais. Foi Profesor de Dereito Administrativo en diversos Programas de Posgrao.

- Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
- Máster en Tributación e Sistema Fiscal pola Escola de Negocios Caixanova.
- Membro do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo.
4EVA QUIRÓS PARAPAR
eva@dopicoabogados.com / Tel. 34986441258-59

De forma habitual acode aos xulgados e tribunais en defensa dos intereses dos seus clientes, entre os que se atopan destacadas Compañías Inmobiliarias e de xestión de Patrimonios. En dereito arrendaticio, propiedade horizontal, comunidades de propietarios e dereito da edificación, goza dunha elevada reputación entre os seus compañeiros de profesión. É, ao temp,o unha experta en dereito sucesorio e de familia, materias sobre as que asesora e litiga habitualmente, e tamén en mediación. Foi profesora da Escola de Práctica Xurídica Concepción Arenal.

- Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
- Mediadora titulada
- Profesora do Máster de Acceso á Abogacía da Universidade de Vigo.
- Membro do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo
5IVÁN VILLAR ÁLVAREZ
ivanvillar@dopicoabogados.com / Tel. 34986441258-59

Incorporouse á Área de Dereito de Empresa do despacho no ano 2002. Avogado experto en Dereito mercantil e bancario. É letrado externo de entidades bancarias intervindo en multitude de procesos de execución xudicial e operacións de financiamento e adxudicación de activos. Como especialista en dereito de empresa participou en operacións de venda e adquisición de compañías e activos, reestruturacións, concursos de acredores, etc… Así mesmo é especialista en operacións empresariais relacionadas co sector marítimo-pesqueiro nacional e internacional asesorando na constitución de Joint Ventures, compravenda e arrendamento de buques pesqueiros e constitución de garantías. Foi Profesor de Dereito Mercantil na Escola de Negocios de Novacaixagalicia e relator nos Máster da Universidade de Vigo e Confederación de Empresarios.

- Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
- Máster en Asesoría Fiscal e Técnico Contable polo Centro de Estudos Financeiros.
- Membro do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo.
6JOSÉ ÁNGEL DOPICO GIL
jose@dopicoabogados.com / Tel. 34986441258-59

Participou na fundación da Firma en 1993, incorporándose ao Área de Dereito de Empresa.

Mercantilista especializado en dereito societario, bancario e da competencia, español e europeo. Secretario dos consellos de administración de importantes compañías e letrado externo de entidades financeiras. Foi Analista Xurídico do Área de Empresas e Organismos na Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Recoñecido avogado maritimista que defende os intereses de relevantes compañías do sector. Letrado solicitante de concursos e administrador concursal. Foi profesor na Escola de Negocios Novacaixagalicia e na Escola de Práctica Xurídica “Concepción Arenal”, e ponente nos Master da Universidade de Vigo e nos Congresos en Galicia de Profesionais do Dereito concursal.

- Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
- Diplomado en Asesoría Fiscal de Empresas pola Universidade Pontificia Comillas (Icade), con estancia no Banco Popular Español (Asesoría Xurídica).
- Licenciado en Dereito Europeo pola Universidade Libre de Bruxelas (Instituto de Estudos Europeos), con beca da Fundación Galicia-Europa, e cun “stage” na Comisión Europea (D. G. da Competencia, División de Bancos e Seguros).
- Membro do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo.
7PATRICIA CASARES VALLE
patriciacasares@dopicoabogados.com / Tel. 34986441258-59

Como experta en operacións societarias e compravendas de empresas, aborda as mesmas conxugando adecuadamente a normativa mercantil coas repercusións tributarias. Profunda coñecedora da regulación dos impostos cedidos á Comunidade Autónoma de Galicia e da tributación dos pactos sucesorios. Sobre todas estas materias levou a cabo a defensa dos contribuíntes, tanto en fase administrativa como contenciosa. A súa experiencia profesional trasladouna tamén ao ámbito do concurso, actuando como letrado solicitante do concurso e como administrador concursal.

- Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
- Máster en Asesoría Fiscal pola Escola de Negocios de Caixanova.
- Membro do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo.
8ROBERTO SALGUEIRO GARCÍA
roberto@dopicoabogados.com / Tel. 34981934640

Especialista en regulación urbanística e inmobiliaria; na elaboración de instrumentos urbanísticos, e na tramitación de recursos (administrativos e contenciosos) relativos a licenzas e concesións administrativas; na tramitación de recursos contencioso-administrativos contra a aprobación de Plans Xerais e outros documentos urbanísticos. Letrado experimentado na defensa dos litixios que se suscitan con ocasión da tramitación dun expediente de expropiación forzosa, e en reclamacións dinerarias en xeral.

- Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
- Máster en Asesoría Xurídica pola Escola de Negocios de Caixanova.
- Membro do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.
9SILVIA DE FRANCISCO PÉREZ
sdef@dopicoabogados.com / Tel. +34986441258-59

Recoñecida experta en dereito fiscal e mercantil. Ao longo da súa dilatada carreira afrontou complexas operacións de M&A e Private Equity, con notables implicacións mercantís, contables e fiscais. A súa andaina profesional iniciouna en Arthur Andersen en 1.990. Posteriormente foi Directora en Garrigues da Práctica Mercantil Societaria e Xerente da Práctica de Dereito Tributario para Galicia. En 2.007 incorporouse a Caixanova e foi nomeada Subdirectora en 2.009. Alí ocupou distintos cargos como Directora de Asesoría Xurídica e Fiscal ou Directora de Gabinete de Presidencia e Dirección. Secretaria dos Consellos de Administración de diversas Compañías. Docente en másteres da Universidade de Vigo e na Escola de Negocios Novacaixagalicia. Asesoramento fiscal recorrente ou puntual a empresas e os seus socios. Implantación e mantemento de políticas de planificación fiscal. Asesoramento fiscal recorrente ou puntual a persoas físicas e os seus patrimonios. Auditorías fiscais (revisión diagnoses retrospectivas, auditorías fiscais de compra ou venda). Fusións, escisións, trocos de valores, segregacións, procedementos de insolvencia ou disolución e liquidación… Adquisicións de empresas ou actividades.

- Licenciada en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid.
- Membro do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo.
10SUSANA TIZÓN CABALEIRO
stizon@dopicoabogados.com / Tel. +34986441258-59

Participou na fundación da Firma en 1993, incorporándose á Área de Dereito de Empresa.

Especialista en dereito do traballo e dereito mercantil. Asiste e asesora a importantes compañías en materia de contratación de traballadores e directivos, extinción da relación laboral ou mercantil, sistemas retributivos, negociación colectiva, transmisión e reestruturación de empresas, descentralización produtiva, etc.
Con experiencia en representación de empresas tanto en negociacións extraxudiciais como ante Xulgados e Tribunais. Desempeña os cargos de letrado asesor e secretario nos consellos de administración de destacadas compañías. Foi Profesora de Dereito do Traballo nos Programas de Posgrao da Escola de Negocios Novacaixagalicia e relatora na Confederación de Empresarios de Pontevedra.

- Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.
- Membro do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo.

En qué podemos axudarlle?
Contacte con nós


Contactar