Áreas

O noso equipo especializado permítenos ofrecerlle un asesoramento personalizado en calquera das seguintes áreas

Administración pública

O Despacho presta asesoramento para calquera actuación que poida resultar oportuna ante unha administración pública, tanto na presentación de solicitudes e alegacións, obtención de licencias, concesións e autorizacións como na interposición de recursos en vía administrativa e contencioso-administrativa.

Dereito bancario e financeiro e mercados de valores

No ámbito bancario e financeiro, a nosa firma conta cunha ampla especialización e un profundo coñecemento das distintas operacións activas e pasivas das entidades bancarias, froito do dilatado labor de asesoramento a diversas entidades. Toso isto permítenos ofrecer un asesoramento integral aos clientes na área de banca de consumo (operacións de financiamento hipotecario e de consumo, tarxetas de crédito, factoring, leasing, renting, etc.) así como en operacións de comercio exterior e en operacións de financiamento de proxectos en todos os sectores.

Seguros

Non pode tampouco deixar de mencionarse a nosa actividade no campo dos seguros, sexan estes de danos ou de persoas. Nun e noutro caso, a firma intervén tanto nos momentos de perfección e formalización dos contratos, asesorando sobre os dereitos, deberes e obrigas que dimanan destes, como con posterioridade ao acaecementoo do sinistro, facendo valer os dereitos que lle corresponden ao cliente.

Competencia, propiedad intelectual e industrial

A economía de mercado na que hoxe nos movemos aséntase sobre o piar da competencia efectiva e leal entre as empresas. É por isto polo que resulta cada vez máis necesario observar se o comportamento dos competidores no mercado se axusta ás esixencias da lexislación sobre defensa da competencia e competencia desleal. O asesoramento neste ámbito abarca, entre outras, as prácticas restritivas da competencia e abuso de posición de dominio, procedemento de infracción ante as autoridades de defensa da competencia, etc.

Así mesmo o despacho presta unha especial atención ao tráfico de signos distintivos como as marcas, nomes comerciais, patentes ou deseños, por constituir en moitas ocasións activos extremadamente valiosos para as empresas, ofrecendo solucións óptimas para protexer eses signos distintivos.

Dereito de sociedades, fusións e adquisicións

A especialización dos nosos profesionais permítenos prestar un asesoramento completo ás empresas e ofrecer unha solución integral ás súas necesidades legais desde o propio momento da súa constitución e durante toda a vida social, prestando unha especial atención ás distintas incidencias que se poidan producir tanto con relación ao seu ámbito interno de organización, como con relación aos ámbitos externos de actuación (reforma e actualización dos seus estatutos; ampliación e reducción de capital social; análise xurídica sobre transmisibilidade das accións, participacións sociais ou cuotas, apoio ou desempeño directo de función de secretaría dos consellos de administración ou outros órganos reitores, etc.). Entre eses servizos se inclúen, así mesmo, procedementos de due diligence, estructuración de operacións relevantes e redacción e negociación de contratos en operacións de fusións e adquisicións, escisións ou vendas, etc. O obxectivo último da firma na prestación de todos estes servizos é ofrecer ós nosos clientes solucións a medida e prácticas, tomando en consideración o contexto no que se desenvolven os seus negocios, o que nos outorga a confianza e fidelidade de importantes entidades mercantiles de diferentes sectores.

Dereito da navegación e do transporte

En materia de transporte terrestre e loxística, a firma ofrece un asesoramento xurídico especializado na celebración de contratos e seguros de transporte terrestre, así como a defensa e representación en calquera asunto contencioso derivado da actividade do transporte. Así mesmo, en canto ao dereito marítimo, o asesoramento aos nosos clientes abarca todas as cuestións específicas da actividade marítima e calquera outro asunto que poida afectar aos intereses das compañías dedicadas ao negocio marítimo e portuario: asteleiros, armadores, pesqueiras e conserveiras, etc. Así, cuestión tales como as relativas á construcción do buque, garantías e privilexios sobre o mesmo, contratos de explotación ou réxime de abandeiramento, constitúen puntos nos que os nosos avogados poseen unha ampla experiencia tras moitos anos prestando asesoramento a empresas do sector marítimo.

Dereito laboral e da seguridade social

O despacho presta asesoramento nas distintas incidencias relativas aos contratos de traballo, a súa modificación, suspensión ou extinción, o exercicio do poder disciplinario por parte do empresario, en procesos de reestructuración de empresas (suspensións de contratos, despidos colectivos, expedientes concursales, etc.); e en cuestións de Seguridade Social. Así mesmo, ofrécese asistencia xurídica nos procedementos de solución de conflictos xudiciais ou extraxudiciais; e préstase asesoramento en sistemas de retribución, pensións e beneficios sociais.

Derecho penal xeral e económico

No ámbito da xurisdicción penal, o despacho actúa en procedementos xerais constituíndonos en acusación particular ou exercendo a defensa dos intereses dos nosos clientes en procedementos contra eles iniciados. Unha especial atención préstase a aqueles ilícitos íntimamente relacionados co exercicio de actividades mercantís ou industriais dos nosos clientes, independentemente do sector empresarial ao que pertenzan, ofrecendo a estratexia procesal máis adecuada. Nese sentido, o equipo multidisciplinar que compón o despacho, permítenos ofrecer un servizo moi efectivo en materia de cumprimento normativo (compliance) e asesorando aos nosos clientes na implantación de sistemas de control para a prevención de delitos corporativos e para cumprir co réxime xurídico aplicable.

Dereito sucesorio e familiar

No ámbito sucesorio e familiar a actividade do despacho comeza co asesoramento ao cliente acerca das diversas cuestións que inciden dunha forma directa na súa vida familiar e patrimonial (asesoramento en materia sucesoria, tanto na elaboración de testamentos e pactos sucesorios coma na realización de particións hereditarias xudiciais e extraxudiciais; preparación e redacción de capitulacións matrimoniais e pactos de convivencia, etc,), xunto coas correspondentes implicacións xurídicas. Tamén se defenden xudicial e extraxudicialmente os intereses dos clientes nos distintos procedementos e negociacións que se poidan abrir en relación con estas materias.

Tributación e fiscalidade

Na actualidade, tanto no ámbito persoal como no empresarial, resulta imprescindible un asesoramento e planificación tributarios. Neste sentido, a firma conta cunha ampla experiencia asesorando en todo tipo de asuntos fiscais, desde fiscalidade xeral de sociedades hasta fiscalidade contenciosa, fiscalidade financeira, xestión de patrimonios e impostos indirectos; e prestando un asistencial íntegro, que, partindo do asesoramento fiscal, continúa pola vía administrativa e de reclamación económico-administrativa e acada ata a finalización da xurisdicción contencioso-administrativa.

Urbanismo e dereito inmobiliario

En materia de urbanismo e dereito inmobiliario, a firma dá resposta xurídica aos distintos problemas que se relacionan cun dos motores da nosa economía como é a construcción. Así, en canto ás áreas relacionadas co urbanismo, prestamos asesoramento en materia de planeamento, xestión, execución e disciplina ás empresas privadas e aos particulares, asumindo a defensa letrada dos nosos clientes nos procedementos administrativos e contencioso-administrativos relativos a esta materia. En canto á actividade inmobiliaria, o noso asesoramento cubre todas as materias relacionadas coa construcción, promoción financiamento e inversión inmobiliaria, compravenda de inmobles e sociedades inmobiliarias, arrendamentos, etc.

Concursal

Acompañámolo na solución da súa insolvencia, na restructuración do seu cadro de persoal, na negociación do seu pasivo, na formulación de plans de viabilidade ou nunha liquidación áxil e eficiente de activos.

En qué podemos axudarlle?
Contacte con nós


Contactar